Antes de escribir esta reseña, estiven lendo os distintos comentarios que había publicados que, basicamente, se agrupan en dous bandos: os que loan a beleza do lugar e os que falan dun dono maleducado.
Eu vou deixar constancia do que me pasou, para despois dar paso a unha reflexión, que penso bastante axeitada. Onte visitamos a praia e iamos entrar polo portal do aparcadoiro para acceder a ela. Era a primeira vez que iamos. Nada mais pisar o aparcadoiro, saíunos ao paso un home enfurecido, berrando: «Si no vais a consumir, iros, tenéis que entrar por el otro lado, leed los carteles, leed los carteles...».
Admito a miña culpa, non lin os carteis (e descúlpome)... Pero iso non son xeitos! Despois de ler o que se escribe por aquí e ver que non é un incidente puntual, comprendo que a rexencia do bar estea farta de que a xente non respecte as normas impostas no seu espazo privado... Pero moitas persoas (coma min) non serán conscientes delas (pese aos carteis!) porque non son usuarios frecuentes.
Persoalmente, tería preferido que o dono se dirixise a nós explicándonos nun ton de voz normal que para atravesar por esa zona hai que consumir (e ao mellor ata me pedía unha botella de auga!). Pero do xeito no que nos vimos abordados, a min, polo menos, non me quedan ganas de consumir alí nunca máis.
É unha mágoa que o labor de recuperación deste sitio precioso quede eclipsado por estes incidentes. Dito isto, tamén me manifesto en contra de certos comentarios que falan da privatización da área do río: é que é unha zona privada, non pública, e están no dereito de pór as súas normas (aínda máis despois do traballo titánico de rehabilitación que fixeron!).
Penso que todo o que acabo de escribir é racional e lóxico. Moitos escriben tras o enfado, danlle unha estrela tras a impresión do momento e eu tamén o faría!. Pero, en frío, despois de ler e ser consciente do gran traballo que hai na recuperación da ribeira do río, pódese comprender o enfado (pero nunca debe derivar na falta de educación, ollo!). Non persigo nada en particular con este comentario, só que a xente que o lea (tanto rexencia como clientes) se pare a...
Read moreMoi mala experiencia, o señor do chiringuito ten privatizada a praia fluvial. O sitio está agradable, hai zonas de sombra e pódeste bañar no río, pero ao parecer é unha zona privada que leva o señor do chiringuito. Iso ao chegar está indicado en carteis cunhas "normas" entre as cales se prohíbe beber alcohol e levar botellas de vidro. Fun comer de picnic alí ao lado do río e levamos 2 botellas pequenas de sidra, non máis, coa mala sorte de que non vimos as normas que tiña posto o chiringuito. O home que levaba o chiringuito acercouse a nós e cun ton bastante maleducado pediunos que lle deramos as botellas, que alí non se podían ter, que o poñía nas normas e que logo deixamos todo tirado e que esa zona é privada e se queremos ir beber alcohol que vaiamos a outro sitio, que logo por culpa nosa queda merda tirada no chan e teñen que recollela, que ese sitio é "exclusivo do chiringuito menos o río (lol)". Puntualizo que estabamos comendo, non facendo botellón con dúas sidras... Pero bueno as normas son as normas! O problema principal e polo cal poño unha reseña negativa, ademais de que me chirría que a zona ao lado do río sexa privada (cando por lei o río e o mar son públicos), foi o ton e a forma insistente e maleducada que tivo o tipo do chiringuito con nós. Creo que con dicir unha vez que non podíamos ter dúas botellas pequenas de sidra alí era suficiente, non facía falta botar tal bronca e acusarnos de que ao mellor marchabamos sen recoller o lixo (tanto en zonas privadas como públicas eu persoalmente levo sempre a miña bolsa para o lixo). Todo de moi malas maneiras e moi insistente, repetiunos o mesmo discurso acusatorio varias veces (marchaba e minutos despois volvía, de moi malas maneiras, dicirnos o mesmo discurso, magnificando o problema unha barbaridade). Isto fíxoo como tres veces. Tiñamos pensado consumir no chiringuito, pero cortounos o rollo e decidimos marchar de aí. E cando nos estabamos metendo no coche viu detrás nosa a pedirnos que por favor non lle puxeramos unha mala reseña en Google. No momento sentinme acorralada e díxenlle que non o faría, pero logo pregunteime por que. Pois...
Read moreNo recomendable hasta que cambien al "señor" que tienen alli de "encargado". Un borde y maleducado. Ni nos llegamos a sentar dado el trato recibido. De verguenza que un espacio asi este gestionado por alguien a quien claramente no le gusta atender a la gente, quedó muy claro. Dediquese a otra cosa o al menos no sea un completo maleducado, habrá gente de sobra que haria su trabajo mucho mejor, con cariño y respeto. Obviamente no volveremos Menuda contestación, demuestra su educación. No dije que nos quisieramos sentar en su terraza, se equivoca de pleno. Tratamos de hacer un picnic, en la hierba, y en vez de hablar con nosotros apareció ya atacandonos como un basilisco y echandonos del lugar, sin dar ninguna opcion a quedarnos. Lo que demuestra que prejuzga a la gente ya solo de vista. Doy la opinion sobre lo sucedido, si no le gusta, es lo que provocó usted, cambie su actitud, ya que para estar de cara al publico, minimo no prejuzgar y ser amable. Si realmente les interesase mejorar su servicio, ya saben por donde empezar. Siga contestando que pierde aun mas la razon señor. Ni nos permitio sentarnos, ni en la hierba ni en ningun sitio, ibamos a hacer un picnic en su recinto y ni nos dio opción a quedarnos, ni en la hierba ni en ningun lugar, sin opciones repito, ninguna condicion para quedarnos, nos echó sin darnos opciones de quedarnos. Asique si se merece esta reseña, si no repito, respete y cambie su actitud de entrada para con la gente que va buscando un sitio tranquilo donde comer. La atencion al cliente es un servicio tambien y dado que ni nos permitio usted quedarnos, la culpa de esta reseña es suya. Si su actitud hubiese sido diferente y nos hubiera dado alguna opcion, nos habriamos quedado gustosamente. Pero no nos la dio, aprenda de sus acciones si tanto le molesta una reseña que dice la pura verdad sobre su...
Read more