No cumio deste monte da Peneda atopábase o castelo de Castriçán. Hoxe en día só podemos ver a ermida da Virxe das Neves, construída cos restos da pedra do castelo derrubado. O castelo fora mandado construír polo arcebispo compostelán Alonso de Fonseca, no verán de 1477, aproveitando a circunstancia que seu inimigo Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, propietario do Castelo de Soutomaior, estaba detido polo conde Rodrigo Alonso Pimentel no seu castelo de Benavente. Esta oportunidade foi aproveitada polo arcebispo e os demais adversarios do Conde de Caminha para dirixirse a Pontevedra e conseguir a súa rendición. Dende alí apodéranse de Redondela, Pontesampaio e Vigo, ocupan varias fortalezas do de Soutomaior e realizan novas fortificacións na zona. Os partidarios de Soutomaior tiveron que refuxiarse no seu propio castelo de Salvaterra e na torre de Fornelos (Crecente). Unha desas novas fortificacións foi esta de Castriçán, dada a súa posición estratéxica para controlar a bisbarra e os territorios circundantes ao castelo de Soutomaior, ademais da excelente visión sobor a Ría de Vigo, as illas Cíes e a enseada de San Simón. Ó saír de prisión, na primavera de 1478, o de Soutomaior dedícase a derrubar as fortalezas que durante a súa ausencia levantara o arcebispo Alonso de Fonseca. A batalla por Castriçán, que tivo lugar pola noite, enfrontou ao Conde de Camiña e aos seus 400 soldados contra Álvaro de Varcea, un aliado do arcebispo compostelán. Como resultado do asedio, o castelo foi derruído. Outras fortalezas derruídas por Pedro Madruga foron as de Castro de Montes, Lobeira, A Lanzada e Palmeira, estas dúas últimas atacadas por mar cunha nao e unha galera partindo de Vilanova de Arousa. Estas loitas evidencian o odio que se profesaban as familias Fonseca...
Read moreSimplemente espectaculares las vistas que tiene. Desde el mirador ves la Ria de Vigo. Y debajo desde Arcade hasta Redondela. Pero lo mejor es subir hasta la Ermida ahí, las vistas son en 360 recorriendo los muros de la antigua fortaleza. Haciendo un recorrido hacia la derecha por la muralla de la fortaleza vemos Soutomaior y su castillo, al fondo A Serra do Suido el valle de la desembocadura de O Verdugo las ensenada de San Simon y al frente Vilaboa, Santa Cristina, San Adrián y A Ponte de Rande. Al fondo As Cies y terminando el recorrido Redondela. Un...
Read moreUn lugar q vale la pena visitar con unos buenos prismáticos. Si no hace sol hace fresco. Se ve todo el valle de Soutomaior incluido su castillo y vertiente de Redondela. Y mi casa, jeje... Ideal parar si se va de visita al castillo desde Vigo, pilla de paso. Ojo, no está adaptado! Muchas escaleras históricas torcidas desniveles y piedras. Si tienes movilidad condicionada puedes ver las vistas desde el aparcamiento por el camino ancho de tierra, pero subir arriba será difícil y depende de tus circunstancias...
Read more