Esta pequena capela, con dobre advocación a San Brais e a Magdalena, atópase na parroquia de Santa María de Darbo, pertencente ao concello de Cangas. Hai moi poucas referencias sobre esta capela. Na baixa Idade Media, existiu unha confraría á que pertencían figuras relevantes, como é o caso de Paio Gómez de Soutomaior, embaixador de Enrique III de Castela ante o Gran Tamorlán de Persia, en 1403. Precisamente no testamento do seu fillo, “O Mariscal” Sueiro Gómez de Soutomaior (1485), mencionábase: “Otrosi mando a confraría da madalena de morraco (….)”. A capeliña de aspecto moi antigo, quizais prerrománica, é de pequenas proporcións. Foi derrubada nos últimos anos do século XVI, por orde do arcebispo de Santiago, don Xoán de Sanclemente, e volta a construír a principios do século XVII, no mesmo lugar e seguindo as trazas da anterior. Mostra algúns pormenores interesantes, como os carneiros místicos dos cumios da nave e da ábsida, as seteiras, as sinxelas portas de arco semicirculares e...
Read morePequeña templo,que tuvo varias reformas a lo largo...
Read morePatrimon...
Read more