“A Lenda da Coca (O Conto da Becha). Os dragóns en galego noméanse en xénero femenino; son chamados A Becha, A Bicha ou A Coca, a aparecen descritas como serpes que cando se fan vellas lles nacen ás e se lles hincha o bandullo. Unha destas bechas vivíu fai moitos anos na falda do monte Galiñeiro, na que cae de cara a onde hoxe está o embalse de Zamáns. A súa morada fixeraa nunha cova que se encontra entre os cumios do Galiñeiro Norte (As Ghallas) e o cume central (A Botella), e que se coñece normalmente como Cova da Becha, ainda hoxe en día. Daquelas, os veciños de Zamáns, e sobre todo os do barrio da Casal de Abade, queixábanse de que os seus xatos, cordeiros e cabritos non lle medraban coma os das demáis parroquias, criábanselles enclenques, e deron por matinar que era por culpa da Becha, que lles viña a mamar aos ubres das nais. Así foi coma as ordes dun cacique acordaron un día que tiñan que desfacerse daquela Becha, xa que matala lles parecía cousa imposivel, dado que para eles as Bechas eran inmortais. Alá se xuntaron tódolos parroquiáns pola semana santa, e con teas prendidas e toda clase de artiluxios para facer canto máis ruído mellor, conseguiron asusta-la Becha que fuxíu cara Puxeiros. Os veciños seguírona para que fose o máis lonxe posible. Chegaron tras ela ata os montes da Madroa, cerca de Trasmañó, e alí perdéronlle a pista. Entón acordaron deixar uns vixías no mais alto do monte para que avisaran por si acaso volvía. A este monte seguimos chamándolle O Vixiador. A Becha, Bicha ou Coca chegara a Redondela, pero de tan vella e sin comer nin beber polo acosamento a que a someteran, estaba que daba pena. Foi entón cando por pura casualidade a encontrou Xan Carallás, que apiadándose dela deulle de comer e de beber, mais a Becha, a probe, só lle probóu auga, non foi capaz de tomar cousa algunha, e así pola súa vellez e a tristura polo seu desterro non aguantou máis e morreu xustamente un xoves, o día de Corpus. Aquel ano, os de Redondela tiveron a mellor colleita de todas, patacas, millo, viño, repolos, frutas e de todo que da terra neceu san e con fartura. Ata aos mariñeiros lles viñan os peixes a bordo sen ter que usar ningún aparello. Foi un ano farturento que os de Redondela dende aquela polo Corpus, fanlle a afamada festa da Coca. En Zamáns pasou xustamente o contrario. As poucas patacas que naceran coméronas os ratos, o pouco millo para os merlos, as hortas secaron e o viño avinagróuse. Foi un ano de fame. Ao ano seguinte e para que a Becha non lle seguira mandando a mala sorte, escomenzaron a levarlle á súa cova toda clase de presentes, e sobre todo leite freco e candelexas encendidas. De tal forma se asemellaban as ofrendas á Becha nesta cova, ás feitas á mesma Virxe dos Aflixidos, que a cova pasóu a ser unha especie de santuario, pasando a chamarse Igrexa da Becha, que é como a nomean ainda hoxe os...
Read moreA lovely place for a hike. There is a hard way to go up (via the merendero) and an easy way to go down (back side of the mountain, which passes some ruins of a Bronze Age fort). It is NOT recommended to go down from the peak to the picnic area as it is quite difficult. Doable with kids over...
Read moreGALIÑEIRO NORTE / MONTE DO GALIÑEIRO
Accedimos al lugar en coche subiendo por la pista que conduce al Cumio do Galiñeiro. Aparcamos eln la pista que se encuentra entre los dos Galiñeiros, y desde allí subimos al Galiñeiro Norte a pie, ya que es la única manera de acceder a esa parte. Es habitual ver gente haciendo escalada. Es una ruta preciosa pero nada recomendable para hacer con niños, al tratarse de una cumbre, por sus tramos con pendientes y el peligro de tener que sortear las grandes rocas que se van encontrando en el camino. Increíbles las vistas y el paisaje... Fascinante la sensación de libertad, la paz, el silencio... El entorno me hizo sentir la Reina del Mundo, la dueña de Cielo y Tierra. Una ruta especial entre grandes moles de...
Read more