O primeiro templo de Iria foi arrasado no século X por Almanzor, para posteriormente, no século XII, o Arcebispo Xelmírez ordenar a súa reconstrución, converténdoa en colexiata. Foi sé episcopal desde o século V até o 1095, colexiata até 1895, e a partires desta data pasou a ser parroquia maior, dedicada a Santa María. A edificación é de estilo gótico, coa planta en cruz latina de tres naves con cruceiro e dúas capelas acaroadas nos extremos. Presbiterio manifestado na planta e no alzado. Fachada con pinche na nave central, destacando sobre as naves laterais, máis baixas. Ten un reloxo de sol. A parte inferior da fachada constitúe o único resto da antiga colexiata, no remate do románico. As naves están separadas por esteos de sección cadrada, con grandes pilastras que soportan o entaboamento continuo e arcos de medio punto. As naves laterais cóbrense de aresta, e a central con bóveda de medio canón, con lunetos, separada do cruceiro por unha reixa de ferro forxado. O retablo maior situado no seu interior está datado no século XVIII e é obra do escultor Romay. As torres son de estilo neoclásico, planta cadrada e perpiaños de granito. A fábrica é sinxela, coa imposta en bo relevo, vans de arco de medio punto con balconciño e remate deste con balaústres, sobre a cornixa. Enriba, pirámide con sucesivos beirís. A capela do lado norte, do século XVIII, é a do Sagrario, dedicada á Virxe de Belén. A capela do lado sur, datada no século XVII (1666), é obra do arquitecto Melchor de Velasco. Ten planta rectangular formada por capela de planta cadrada e capela de culto acaroada á mesma, formando presbiterio ou cabeceira. Perpiaños de granito. Comunícase co brazo sur do cruceiro por arco de medio punto sobre pilastras e frontón recto, agudo, partido co escudo de Alonso de la Peña e Monteagudo. Capela funeraria de planta cadrada con apoio de dobre pilastras nas esquinas, e cúpula cega. No lado leste, sepulcro e estatua orante do Bispo de Quito. Cabeceira de pilastras soportando entaboamento de formas robustas con bóveda de canón. O adro é de planta irregular, que na parte anterior preséntase como un rectángulo, pechado por un muro de moi boa construción, con pasamáns moldurado e porta de entrada con escalinata en abano, de chanzos con moito voo, e dous grandes esteos moi moldurados. No interior da igrexa existe un sartego no que en 1675 se descubriu que o corpo depositado dentro permanecía incorrupto. Axiña comezaron a visitalo enfermos coa esperanza de curarse. Sábese que no ano 1850 levaron a Rosalía de Castro, nena de delicada saúde. En 1979 aínda concorreron ao sartego oitocentos enfermos. Acudían sobre todo nenos enfermos de mal de aire, unha das doenzas máis claramente relacionadas coa impureza ritual descrita no Levítico. O rito consitía en deitar ao enfermo, en decúbito supino, sobre a tampa do sartego, rodándoo tres veces a cada lado. O procedemento é similar ao que usan os curandeiros para tratar o mal de aire de morto sobre unha lápida do cemiterio. Neste caso, ao rito de expulsión da enfermidade ao lugar que lle corresponde, súmase a idea de...
Read moreMirad con qué letras tan grandes os escribo de mi propia mano. Gálatas 6:11
Semejante monumento tenía enfrente Don Camilo José Cela, nada más y nada menos que ‘Una catedral anterior a la de Santiago de Compostela’. #TerrasDeIria
📍 Igrexa de Santa María de Iria Flavia. Av. Camilo José Cela, 14, 15917 Terras de Iria - Iria Flavia, A Coruña
Reconstruida en el s. XVII por mandato del arzobispo Monroi. El templo primitivo databa del s. I d. de C. pero fue destruido por Almanzor en el año 999. El arzobispo Xelmírez ordena se reconstrucción en el s. XII. Tiene una nave de planta rectangular. La fachada tiene una portada con arcos apuntados sobre columnas y en el tímpano se representa la Adoración de los Reyes Magos. Hay torres ojivales escalonadas y varias vidrieras. Tiene retablos, el mayor es obra de Miguel de Romay y posee una talla pétrea de la Virgen, con imágenes en el interior. Alberga varios sarcófagos pétreos y un mausoleo. Fue colegiata hasta que en 1851 el Concordato la suprime y la reduce a parroquia. En sus inmediaciones se hallaron varios sepulcros antropomorfos, lápidas, estatuas medievales y...
Read moreEn sus orígenes fue un templo primitivo construido en el siglo I después de Cristo y destruido por Almanzor en el año 999. En el siglo XII se reconstruyó por el arzobispo Gelmírez aunque en el siglo XVII se volvió a reconstruir por mandato del arzobispo Monroi. Tiene una nave de planta rectangular y en la fachada hay una portada con arcos apuntados sobre columnas. Hasta 1851 fue una colegiata aunque el concordato en esa fecha la suprime y la reduce a parroquia. Después de un poquito de historia quiero decir que a nivel personal la considero un lugar mágico, no sabría explicar el porqué, es la segunda vez que la he visitado y he de decir que me transmite tranquilidad a la vez que curiosidad, me imagino que será por su pasado y eso siempre despierta mi imaginación. Sin duda un lugar que recomiendo...
Read more