Unha capela é un pequeno edificio destinado ás practicas relixiosas da liturxia católica. Estes oratorios tamén existen noutras prácticas cristiás, como a anglicana ou a luterana. Xeralmente é de menor tamaño que unha igrexa, pode consistir nun edificio independente ou estar construída no interior dunha igrexa, xeralmente anexa á nave maior. As capelas tamén poden aparecer formando parte doutros edificios como pazos, vilas, colexios, universidades, cárceres, conventos, cuarteis, castelos... Antigamente as casas nobres, gremios e outras profesións liberais vinculábanse cunha das capelas existentes nunha igrexa, podendo formar en torno a ela unha confraría, que en moitas ocasións establecíanse fortes rivalidades entre elas. A palabra capela provén do latín cappella, diminutivo de cappa (capa), e os clérigos que exercen nela o seu ministerio chámanse capeláns. Co termo capela desígnanse diferentes construcións: institucións eclesiásticas coma o cabido ou capítulo eclesiástico, educativas no caso do corpo equivalente nun colexio universitario, ou artísticas, especialmente no mundo da música, onde capela é o corpo de músicos dunha igrexa. Unha capela ardente é o túmulo que se levanta para celebrar as exequias. O elemento básico desta edificación é o altar, elemento necesario para a celebración do culto e onde se sitúa a imaxe da súa advocación, normalmente nun retablo formado por pequenos piares ou columnas. É frecuente que conteña sepulcros dos donantes da capela. Hai capelas famosas porque relaciónanse con elas a realización de milagres ou as aparicións de santos e virxes, polo que é frecuente que haxa romarías relacionadas con elas para conmemorar estes eventos. Capela feita entre os anos 1761 e 1762 sobre unha antiga ermida, construída a base de perpiaño granítico, con cuberta a dúas augas e remates en pináculos. Presenta planta de cruz latina cunha soa nave, cos brazos do cruceiro algo curtos. Os muros laterais exteriores aparecen enfuscados e pintados de branco. A fachada principal é obra de Juan López Freire, e foi remodelada no segundo cuarto do século XIX. Nace sobre unha escalinata reformada recentemente. A porta de acceso alintelada está flanqueada por pilastras acaroadas de gran porte. Máis arriba un van rectangular, un friso con tríglifos e métopas, e un frontón clásico triangular. O conxunto está rematado por nunha espadana...
Read morePrimero porque es huna 💒 iglesia catolica la casa del señor. Misiricordioso y Maria su Madre y nuetra..del cielo y la baloro con 5 estrellas es muy bonita con un altar precioso limpia los bancos comodos..el sacerdote ..D..Angel Ramon.huna bellisima persona...bondadoso cercano humilde educado responsable y azmirable por todos quien lo conocemos personalmente y...
Read moreCapilla católica de estilo neoclásico. En el interior hay un gran retablo también neoclásico de orden toscano. Es interesante el espacio anexo del antiguo cementerio, hoy vacío. El horario para poder visitarla es muy reducido pues sólo está abierta para el...
Read more